O Cavadelo encherase de karts de xoves a domingo

kart250_190509.jpgVILAGARCÍA> Esta mañá foi presentada no Auditorio de Vilagarcía a III Xira Galega de Karting. Este ano deixará Fexdega e trasladarase ó Parque do Cavaledo onde se colocará un novo circuito. Chegará o xoves e quedarase ata o domingo.

Coincidindo coas festas de Santa Rita, o Parque do Cavadelo será parada da III Xira Galega de Karting. Logo do éxito colleitado a semana pasada en Santiago, RGM Produccións trae a Vilagarcía o seu circuito de xoves a domingo.

Retiraranse por tanto durante estes días as instalacións de skate para deixar paso ós karts, que ocuparán unha superficie duns 3000 metros cadrados.

A primeira xornada, a do día 21, será adicada ós escolares, dado a colaboración das concellerías de Cultura, Educación e Xuventude con RGM Produccións. Xa o venres abrirase a todo o público cunha entrada única a 10 euros.

Ademais do Concello, e da Autoridade Portuaria, colaboran empresas como Gadisa, que repartirá 200 invitacións ós seus clientes de Vilagarcía e Cambados que fagan unha compra superior ós 50 euros.

Haberá 24 karts, cronometraxe informático, paddock, boxes, actividades dinamizadoras. Un divertimento apto para toda a familia.

O ano pasado a Xira Galega de Karting fixo desfrutar a máis de 45.000 persoas por toda a rexión, incluidos ós políticos. Xosé Castro Ratón e Javier Gago retaron hoxe ós xornalistas e medirse con eles nunha carreira.

Redacción Salnés