Un Extrugasa imparable sorprende ó poderoso Rivas

VILAGARCÍA> Gran victoria acadada onte polo Extrugasa. O conxunto vilagarcián impúxose por seis puntos de diferencia ó Rivas Ecópolis, un dos candidatos ó título de liga. Foi o triunfo do colectivo frente ás individualidades.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_211010.flv{/flowplayer}

Nin o máis optimista agardaba que a estas alturas o Extrugasa sería cuarto na xeral. Tampouco que podía plantarlle cara a un dos equipos máis potentes de España e de Europa, como o Rivas Ecópolis.

Noutro exercicio de humildade, caracter competitivo e espíritu colectivo, as de Tito Díaz superaron a un rival que nunca estivo cómodo na pista (69-63). Con Amaya Valdemoro lesionada, tan só Elisa Aguilar e Dewanna Bonner mantiveron ás madrileñas no encontro.

Despois dun primeiro cuarto igualado, no que os ataques impuxéronse ás defensas, no segundo o Extrugasa deixou que o Rivas fixera tan só tres puntos en oito minutos. Pese a todo, un arreón das visitantes antes do descanso metíalles no encontro.

Agardábase a reacción visitante no segundo tempo, pero o Extrugasa aguantou. Primeiro xogaron dentro con Stevensson, Vynuchalova e Adams. Logo foron quen de rachar coa zona que plantexou Rivas a base de triples, con Marta Blanes e Cristina Souza como protagonistas. 

Así foi como resistiron, sempre por enriba no marcador, nos derradeiros minutos dun choque electrizante que puxo en pé a Fontecarmoa. 

Coa moral polas nubes o Extrugasa desprázase este sábado ás Illas Baleares onde a partires das 18:00 horas enfróntase ó pechacancelas da competición, o Soller Bon Día.

Redacción Salnés