![]()
RIBADUMIA> Continúa a polémica en relación ó peche da conserveira Alfageme. As empregadas e Rosa Abuín, solicitáronlle a alcaldesa que intercedera no que, calificaron, como pasividade de o IGAPE e a Consellería de Economía.
{flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_ALFAGEME.flv{/flowplayer}
Tras unha pancarta e ó grito de “Alfageme solución”, preto dunha trintena de traballadoras da fábrica que a empresa ten en Ribadumia concentráronse ás portas da casa do concello da localidade. Neste momento, a empresa atópase en proceso concursal.
Durante a reunión que despois mantiveron coa alcaldesa, as representantes das traballadoras solicitáronlle un maior compromiso nas mediacións coa consellería de Economía e Industria. Segundo Rosa Abuín, o organismo autonómico non estaría informando correctamente ós empregados do grupo sobre a súa posible compra. Denunciou a pasividade de Igape e Consellería de Javier Guerra ante o conflito, a pesar da súa posición como principais accionistas.
Pola súa banda, a alcaldesa manifestou o seu apoio ás traballadoras para conseguir manter os postos. Porén, Peña reiterou as limitacións do Concello e da administración para intervir no proceso concursal.
As traballadoras tamén preguntaron á alcaldesa pola posibilidade de que a planta de Ribadumia non entre no proceso de venda co resto de fábricas que a empresa ten en Vilaxoán, Vigo e O Grove. Ó descoñecer esta información, Peña comprometeuse a informarse na consellería e poñerse en contacto coas representantes.
Redacción Salnés









