O PP esixe que se aproben os orzamentos municipais do 2009

    pp_grove100.jpgO GROVE> O portavoz municipal do Partido Popular acusou ao grupo de Goberno de non ter aprobado o orzamento para o ano 2009.

    O portavoz do PP no concello Meco vingouse hoxe dos que o criticaban na súa etapa como alcalde do Grove pola tardanza na elaboración dos orzamentos. Pérez devolveulle hoxe esta crítica ao actual equipo de goberno ao que acusou do retraso na elaboración das contas, a pesar de ser un goberno con maioría absoluta.

    Segundo o PP, a crise económica obrigará a tomar medidas excepcionais como a contención do gasto público ou a rebaixa nos impostos aos cidadáns.Miguel Ángel Pérez pide que se convoque unha Xunta de Portavoces na que participará o PP.

    O Partido Popular ofrécese a contribuír na elaboración dos orzamentos coa fin de axilizar a aprobación das contas públicas. O PP criticou tamén a falta de previsión do grupo de goberno que aínda non convocou o vindeiro pleno ordinario, que debería celebrarse o próximo luns.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/260309_pp_orzamento_grove_.flv{/flowplayer}