Saen á venta os clons de albariño, máis resistentes as enfermidades

    fotoclonscopia.jpgPONTEVEDRA> É a primeira vez no mundo que se consegue a certificación para clons de albariño, despois dun proceso de investigación de 25 anos.

    {flowplayer}images/salnes/ConvenioClonsAlbarino.flv{/flowplayer}

    Aínda que cando pensamos nos clons a todos nos ven á cabeza a famosa ovella Dolly, a clonación ten unha aplicación moito máis real e próxima á nosa vida, se non que llo pregunten os viticultores Rías Baixas. Despois de 25 anos de investigación o CSIC ven de conseguir que os seus cinco clons acaden a primeira certificación que consegue a cepa de albariño no mundo.

    Deste xeito cada viticultor poderá mercar as cepas de acordo coas características do seu terreo e do que quere conseguir. Máis resistencia a certa enfermidade, menos acidez no viño, cada un o que precise. E pode facelo ademais coa seguridade que da a certificación

    Despois de 25 anos de investigación este estudo ve por fin a luz e a comezos do vindeiro ano agárdase que as copias destas plantas estean xa nas plantacións da DO. O Consello Regulador asinou un convenio para a súa comercialización no que se reflicten ademais descontos especiais para os viticultores da zona orixinal de explotación, as Rías Baixas. O prezo das cepas será duns dous euros, cun sete e medio por cento de desconto.

    Unha das preocupación é precisamente as facilidades que isto pode supoñer para a produción de albariño noutros lugares do mundo, pero tanto investigadores como adegueiros coinciden en que non se pode poñer portas ó campo e hai que seguir avanzando. Sen esquecer que, malia todo, as nosas condición non se dan en ningunha outra parte do mundo.

    Destacar ademais a exclusividade que terán os viticultores das Rías Baixas. Esa exclusividade materialízase en que dous dos cinco clons, os que teñen as mellores características quedarán nun principio para esta zona, non se poderán plantar fora.

    Tamén exclusividade terá nun principio Viveros Provero, a empresa rioxana que costeou o proceso de certificación e que durante os cinco primeiros anos será a única que produza estes clons. Unha vez pasado ese tempo agardan que algún viveiro galego se atreva a poñerse mans á obra. 

    Redacción Salnés