VILANOVA> Vilanova e a Illa de Arousa entre as localizacións escollidas para a rodaxe da nova película da directora Jaione Camborda. A produción leva 3 semanas de gravación e continuará no Salnés ata a semana que ven. A película é unha colaboración de tres produtoras de España, Portugal e Bélxica.
Vilanova e a Illa de Arousa volven formar parte do escenarios dunha rodaxe cinematográfica. Desta volta, estase gravando en ambas vilas O Corno do Centeo, unha produción dirixida por Jaione Camborda. Centrada nos anos 70 está protagonizada por mulleres.
As rodaxes céntranse no Salnés e no Baixo Miño. A comarca salnesá foi parte da inspiración da directora.
A produción levará a hospedarse no Salnés a máis de 70 persoas ao longo destas semanas. Ademais na película tamén participarán como figuración veciños da comarca. Todo este traballo é o resultado da colaboración de tres produtores de diferentes países.
A película tamén conta co respaldo de diferentes administracións como o goberno e a Xunta.
A rodaxe manterase no Salnés ao longo da vindeira semana, a continuación o equipo desprazarase ao Baixo Miño para rematar a gravación. A película estrearase ao longo do 2023 pendente dos diferentes festivais.