O SERGAS faise co servizo de mantemento do Centro de Saúde

    xerente_atencion_primaria_copia100.jpgPONTECESURES> O Xerente de Atención Primaria visitou esta mañá o concello para ultimar detalles. A alcaldesa mostrouse moi satisfeita pola medida, que supón unha redución de gastos nas arcas municipais.

    {flowplayer}images/salnes/PONTECESURES_ATENCION_PRIMARIA.flv{/flowplayer}

    As 10 da mañá Manuel Castro chegaba á Casa Consistorial de Pontecesures, onde foi recibido pola alcaldesa Maribel Castro e varios membros do grupo municipal. Durante varios minutos mantiveron unha reunión sobre o traspaso de poderes do mantemento do centro de saúde da localidade á administración autonómica. Unha cesión que xa fora aceptada polo Consello da Xunta a finais do mes de xaneiro despois dunha longa tramitación.

    Esta cambio de titularidade suporá un aforro importante para a institución municipal, posto que non terá que sufragar os gastos para o mantemento. Deste xeito, dase un respiro importante ás arcas locais en tempos de crise e escaseza de recursos.

    Nos últimos meses xa se procedera, tamén, ó cambio de titularidade do servizo telefónico e do suministro de enerxía eléctrica. As cesións patrimoniais de Centros Médicos de titularidade municipal ó goberno autonómico pretende reforzar o papel da Atención Primaria e mellorar as súas infraestruturas.

    Dendo o Concello, transmitiron ó Xerente de Atención Primaria a necesidade de contar cun segundo médico a xorgnada total. O único facultativo co que conta o Centro, ten máis de 1.700 cartillas.

    Redacción Salnés