O PSOE garantiza a atención pediátrica no PAC de Cambados

    VILAGARCÍA > A executiva comarcal do PSOE no Salnés quixo saír ó paso das acusacións do PP sobre a atención pediátrica no PAC de Cambados. Os socialistas aseguran que nunca existiu un PAC de pediatría e que este servizo o cubrían de luns a venres os propios pediatras que tiñan consulta nos centros de saúde da comarca.

    centrosaudecambados_300_050606.jpgModesto Pose, responsable provincial del PSOE, asegura que non existía o PAC infantil en Cambados, como tampouco existe en ningún sitio. Lembrou que os pediatras que facían turnos de noite en Cambados traballaban nos centros de saúde da comarca e que por cada garda que realizaban libraban un día, o que significaba unha xornada menos nas súas consultas. Agora cambiouse o sistema: Pose explicou que se puxeron 2 pediatras pola mañá para atender ós nenos de Meis, Meaño, Ribadumia, Cambados e A Illa, e se aumentou un pediatra en consulta pola tarde. A partir das dez da noite as urxencias cúbrense con 2 médicos de familia. Pose pedíu ó PP que deixe de fastidiar y reprocha ós alcaldes populares que reclamen un servizo que en realidade non existía.

    Tamén se falou da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deixa sen efecto parte dos permisos que amparan os depósitos de Ferrazo. Modesto Pose amosou a súa satisfacción pero pediu prudencia, porque cabe recurso, por parte da empresa e por parte da Consellería de Industria. Neste sentido espera que o goberno comparta os criterios defendidos por PSOE e BNG.

    O PSOE tamén debateu sobre a demanda de ampliar o desdobramento da vía rápida do Salnés ata o Grove. Modesto Pose explicou que agora administran un proxecto adxudicado polo anterior goberno e que leva a autovía só ata Sanxenxo. Comparte as demandas do Grove pero pide tempo para priorizar demandas nos vindeiros orzamentos.

    Redacción Salnés