Os traballadores do Hesperia comezan coas mobilizacións

    hesperia2 copia.jpgA TOXA> Os preto de cen empregados piden asinar antes de fin de ano unha subida nos soldos de 450 euros lineais por empregado ó ano.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA_HOTEL_TOXA.flv{/flowplayer} 

    Os preto de cen traballadores do hotel Hesperia Isla de la Toja seguen agardando a que a dirección da firma se poña en contacto con eles para retomar a negociación do convenio colectivo. De nada serviu a rolda de prensa do venres anunciando esta mobilización. A empresa non da un paso adiante e os empregados tampouco pensan ceder nas súas demandas: un incremento salarial de 450 euros ó ano por traballador. Desde o comité de empresa pensan que o silencio da dirección non é máis que unha manobra para evitar asinar o convenio neste ano e con estas condicións.

    A contraproposta da empresa consiste en asinar un convenio a varios anos no que os incrementos salariais se farán en función das subas do IPC. Agora agardan a resposta da firma a esta mobilización para barallar se repetir a protesta ou tomar novas medidas.

    Redacción Salnés