A Xunta de Compensación do Polígono de Nantes fai unha proposta para o enlace

    polgono100_140108_001.jpgSANXENXO > A xunta de Compensación do sector do solo urbanizable SU- 15, do Parque Empresarial de Nantes, fixo público esta mañá…

    …o informe emitido pola oficina de avogados Garrigues, relativo á execución do enlace ca Vía Rápida do Salnés. Amais, o presidente da xunta de Compensación, quixo amosar o seu agrado polas declaracións feitas fai uns días polo PSOE de Sanxenxo.

    Coincidindo cas declaracións feitas fai uns días por Dulcinea Aguín, Voceira do PSOE de Sanxenxo, o presidente da Xunta de Compensación do Polígono Industrial de Nantes, expuxo os planos dunha proposta para o enlace. Trátase de levar a cabo estas obras, por medio dun financiamento a tres bandas: concello, concesionaria e Xunta de Compensación.

    Aínda que o dictámen emitido polos avogados e asesores tributarios Garrigues, estima que os custes e a execución do enlace ca autovía do Salnés, non pode serlle imputado á Xunta de Compensación, a Xunta, farase cargo deles Segundo presidente da Xunta de Compensación do Polígono Industrial, a construción da rotonda ascende a uns catrocentos cincuenta mil euros.

    Asemade, queren lembrar que xa teñen feita a estrada, dentro do polígono, da que partirá o enlace ata a Vía Rápida.

    Redacción Salnés