![]()
VILANOVA> Así o confirmaba esta mañá o alcalde tras recibir a notificación da Axencia Tributaria. Nun mes tomarán posesión do inmoble.
{flowplayer}images/salnes/PAZO_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}
Tras meses de incerteza, xuntas de portavoces e taxacións da propiedade, onte a Axencia Tributaria adxudicou o pazo de vista real ó concello de Vilanova polo valor da oferta que presentaran, un millón oitenta e cinco mil euros. Nos vindeiros días recibirán o certificado oficial que terán que recoller na delegación da Axencia Tributaria en Vilagarcía. Ademais, o concello terá que solicitar un crédito ponte mentres non cobre o dez por cento procedente do centro comercial.
No prazo dun mes o concello tomará posesión do inmoble. A partires de aí, ábrese un proceso polo que o concello terá que por os terreos a disposición da Xunta para convertelos en dotacionais públicos para poder dedicar a propiedade a fins sociais. Para iso será necesario un informe favorable de patrimonio. Despois redactarase un plan para toda a propiedade no que se decida o que se vai a facer no Pazo. O alcalde comprometeuse a que se vai crear un centro día.
Durán mostrou, ademais, a súa satisfacción xa que estes cartos van repercutir directamente sobre as extraballadoras de Charpo o que vai a supoñer que cobren o cincuenta por cento da débeda.
Paralelamente, desde o concello tentarán buscar financiamento para cubrir os cartos que restan ata chegar ó millón oitenta e cinco mil euros.
Redacción Salnés








