A xente do mar homenaxeou hoxe á súa patroa, a Virxe do Carme

    carme_100.jpgCAMBADOS > Hoxe é o día da Virxe do Carme, unha efeméride que foi secundada na maioría dos portos galegos cas súas respectivas procesións…

    {flowplayer}images/salnes/16072010_virxe_do_carme.flv{/flowplayer}

    … marítimas. A Estrela dos mares recibiu así unha sentida homenaxe da xente do mar, que busca nela a súa protección ante os posibles perigos que pode entrañar o medio mariño. Unha das localidades que máis atrasou a procesión da Virxe foi a de Cambados, a onde se achegaron fregueses de dentro e fora de Galicia. E é que non hai pescadores que non saiban dalgunha anécdota na que fose precisa a intervención da Virxe para solventar algún perigo.

    Numerosas autoridades locais e membros e socios da confraría local, así como o xeral da veciñanza formaron parte dunha procesión que levou a virxe, xunto con San Antonio, patrón da confraría local, desde a sede deste pósito ó peirao de Tragove. Unha vez aquí, oficiouse unha misa en cuxa homilía se fixo referencia á necesidade de non degradar ó mar como fonte de traballo para que sirva de base de sustento para as vindeiras xeracións.

    O acto rematou cunha marítima pola ría de Arousa, non sen antes dar lectura a un poema no que o propio Ramón Cabanillas recollía a celebración desta data nesta localidade. Os actos relixiosos deron paso ás verbenas musicais, que completan este día de festa nos Concellos das Rías Baixas. No caso de Cambados, a festividade prolongarase ca festa de exaltación da vieira esta fin de semana.

    Redacción Salnés