Gonzalo Pita anuncia que deixa a alcaldía de Sanxenxo

    7

    SANXENXO> Gonzalo Pita deixará de ser alcalde de Sanxenxo a finais de este mes. Así o anunciou o independente esta mañá, nunha multitudinaria rolda de prensa, na que sorprendeu sentado ao lado do líder da oposición na vila, Telmo Martín, quen asumirá a alcaldía da vila. Este era o momento no que Gonzalo Pita anunciaba que deixa a alcaldía da vila. Unha decisión que tal e como manifestou o líder do SAL precipitouse pola polémica xurdida a raíz dos problemas xurdidos coa reforma da avenida de Luis Rocafort. Para Pita os seus socios de goberno mostraron deslealdade política ao comparecer en contra das manifestacións públicas que o propio Pita fixo en favor das queixas dos veciños pola remodelación da céntrica avenida. Unha situación, que segundo o aínda alcalde do municipio, desembocou nunha falta de ilusión. Gonzalo Pita pasará a ocupar o posto de tenente de alcalde, mentres o popular Telmo Martín pasará a ser de novo alcalde de Sanxenxo a partir do pleno do vindeiro 29 de maio. Unha decisión que quedou plasmada nun acordo entre as dúas formacións políticas, no que ambas se comprometen a traballar en prol de varias demandas históricas para a vila, como a reforma da Rúa Progreso ou o Polígono Empresarial de Nantes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/19/gonzalo_pita_dimite_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/19/gonzalo_pita_dimite_sanxenxo.mp4{/flowplayer}