Un conserxe frustra un roubo nun primeiro andar

    CAMBADOS> De novo hoxe temos que falarlles dun intento de roubo, que desta volta, afortunadamente, non chegou a perpetrarse. Tivo lugar en pleno casco urbán de Cambados, na noite do luns ó martes. Os cacos quixeron entrar pola fiestra dun primeiro piso ca única axuda dunha escaleira, aínda que a alerta dun veciño frustrou o intento. Tres ladróns, ó parecer con falar estranxeiro, intentaron entrar nesta vivenda que fai esquina entre as rúas Pontevedra e San Francisco, en pleno casco urbán de Cambados. Os feitos aconteceron contra ás cinco da amencida do luns ó martes, cando dous homes intentaron uparse a unha ventá aberta do primeiro andar deste edificio grazas á axuda dunha escaleira, namentres unha muller vixiaba no entorno. No interior da vivenda a propietaria, súa nai e o seu fillo estaban a durmir e non se enteraron de nada ata que lles avisou a Policía. Malia a ter deixado a ventá aberta, a dona da vivenda asegura que o acceso á vivenda era ben complicado. Esta é a primeira vez que lle intentan roubar a Concha e a súa familia e agardan a que sexa a última. Con todo non pensan tomar medidas extraordinarias tralo suceso. A identificación dos cacos será complicado posto que aconteceu de noite e con chuvia e os delincuentes levaban capuchas. Aínda así pensase que era xente nova e de procedencia foránea. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/roubo_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/INTENTO_ROUBO_CAMBADOS.mp4{/flowplayer}