Un estudo da Mancomunidade do Salnés demostra que a hostalería ‘é segura’

O SALNÉS> O proxecto “o Salnés” rede de restaurantes seguros da mancomunidade demostra a seguridade dos establécenos hostaleiros. O estudo mide en tempo real os niveis de CO2 en diferentes locais da comarca e duranteo primeiro mes todos deron resultados excelentes. Con este proxecto búscase axudar ao sector e evitar medidas coma os peches.

A hostalería é segura. Así o demostra o último proxecto da mancomunidade do Salnés: ‘o Salnés” rede de restaurantes seguros. Un estudo de control de concentración de CO2 en 30 locais da comarca arroxa uns resultados excelentes.

O sistema mide a concentración de co2 no establecemento e advirte aos propietarios se se superan os límites. Neste caso os hostaleiros tomarán as medidas para ventilar o local. Os clientes poden acceder a estes datos en tempo real.

Con este proxecto a mancomunidade quere axudar a controlar e demostrar que a hostalería e segura e evitar os peches.

A mancomunidade presentará estes datos á consellería para que os teña en conta. Unha das propostas do organismo comarcal é instalar o sistema en todos os locais e así ter constancia daqueles que cumpran e son seguros, e que só se tomen medidas nos que incumpran as normas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí