O Meira conquista a 26ª bandeira Concello de O Grove

plantilla_deportestraias.jpgO GROVE> O Samertolameu realizou unha gran actuación nesta cita, cun dominio total da regata. Deste xeito, érguese ó máis alto da clasificación da liga, empatado co Amegrove, que fíxose coa terceira praza, a 110 puntos.

{flowplayer}images/salnes/TRAINAS.flv{/flowplayer}

O Samertolameu non atopou rival no porto de Pedras Negras, en San Vicente de O Grove. Conseguiu así levar a cabo a súa esperada reacción na Liga Galega de Traiñas, con suma autoridade sobre os seus competidores. Como cabía esperar, as dous traíñas locais, Mecos e Amegrove, votaron o resto ante os seus afeccionados na regata que organizados de forma conxunta.

Mecos Mondariz, firmou a súa mellor clasificación da tempada e ergueuse coa segunda posición. Venceu con facilidade na segunda tanda, na que Vilaxoán tamén fixo unha excelente actuación que lle valeu para o sexto posto.

O adestrador do Mecos Mondariz, Beni Fábregas, valorou de forma moi positiva o resultado obtenido, asegurando que esta segunda posición, dálles moral de cara ó futuro, e tranquilidade porque as cousas non estaban a saír como esperaban. Sen embargo, Fábregas recoñeceu que a de onte non foi a mellor regata deste ano, pero que confía que o equipo evolucione para entrar na quenda dos mellores.

O Amegrove non puido seguir a embestida dun Meira moi motivado, que incrementou a súa vantaxe en cada longo ata finalizar con 20 segundos de renta, na chegada sobre as dúas tripuadcións grovense.

Un triunfo que aprieta a parte alta da Liga, na que o gran damnificado foi o Chapela, ó que un erro na segunda virada, lle fixo perder moito tempo para caer ata a octava prazo.

A clasificación da liga queda co Meira e o Amegrove primeiro e segundo respectivamente empatados a puntos110, e o Chapela terceiro con 101.

Redacción Salnés