Adrián Ben será o atleta convidado na Sin-Son 10K 2019

PORTO DO SON> Á falta de menos dun mes para a súa celebración, a Sin-Son 10K vai aumentando o número de inscritos. Na actualidade xa hai máis de 1.400 participantes sumando tódalas categorías, o que demostra o potencial desta carreira, hoxe xa unha das citas máis multitudinarias na comarca. Dende a organización dan un pasiño máis nesta oitava edición, anunciando a participación do mundialista Adrián Ben, sexto nos pasados Campionatos do Mundo de Doha. O viveirense participará na proba sonense coma atleta convidado. Súmase así a outras estrelas do atletismo autonómico que xa confirmaron tamén a súa presenza na proba, como é o caso de Nuno Costa, Alejandro Fernández e Lolo Penas, ou as irmáns Brea e Esther Navarrete.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí