Arousa e Unión seguen adiante na Copa do Futuro

futuro250_250509.jpgRIBADUMIA> No Campo da Bouza de Barrantes disputouse esta fin de semana a cuarta fase de clasificación para a rolda final da Copa do Futuro-Deputación de Pontevedra. O título foi a parar a mans do Arousa , que venceu na final ó Unión do Grove. Ambos acadaron o seu pase á fase definitiva de Pontevedra.

Preto de douscentos nenos de idade prebenxamín participaron onte no Campo da Bouza na cuarta fase clasificatoria da Copa do Futuro-Deputación de Pontevedra.

Dezaseis equipos da comarca do Salnés buscaban as dúas prazas que daban acceso a xogar a fase final de Pontevedra os días 20 e 21 de xuño. Pese á evidente parte competitiva, o torneo identifícase polo seu obxectivo formativo e educativo, non en van os adestradores vense na obriga de poñer sobre o céspede a tódolos seus xogadores canda menos dez minutos en cada partido, para fomentar os valores de respeto e igualdade entre os rapaces.

No deportivo, o sábado Vilagarcía e Céltiga, no grupo Azul; Arousa y Ribadumia, no vermello; Unión e Barro, no amarelo; e Cambados e Portonovo, no verde, acadaron a súa clasificación para os cuartos de final que se celebraron na mañá de onte domingo.

 Nesa rolda o Céltiga superou nun partido moi igualado ó Ribadumia, na tanda de penaltis. O Arousa fixo o mesmo co Vilagarcía, aínda que de xeito máis contundente, tras vencer por 6-0. O Unión gañou 4-1 ó Cambados mentres que o Portonovo goleou 10-0 ó Barro.

Xa na primeira semifinal Unión e Céltiga empatron (2-2). Os grovenses estiveron máis acertados dende o punto de penalti para acceder á final. Mesmo desenlace vivíuse no Arousa-Portonovo, con victoria final para os vilagarciáns.

Finalmente o Arousa levaríase o título tras vencer por 1-3 nun partido no que comezou gañando o Unión pero que os vilagarciáns souberon remontar nos derradeiros intres.

Antonio Otero e Iago Dávila, con 10 tantos cada un, compartiron o premio de máximo goleador. O Umia gañou o Trofeo Ibercaja da Igualdade.

Redacción Salnés