II Torneo Internacional de Rugby praia en Lourido, o sábado

plantilla_deportes_copiarugby.jpgPOIO> O sábado 24 de xullo celébrase  o Segundo Torneo Internacional de Rugby praia. O evento ten un compoñente lúdico/educativo coa inclusión dun campo para nenos. O rugby, a praia e a diversión están aseguradas.

{flowplayer}images/salnes/RUGBY_PRAIA.flv{/flowplayer}

Esta fin de semana a Praia de Lourido, en Poio, vai a acoller un día centrado única e exclusivamente no rugby a cinco en campo de area. Ata 300 xogadores van a acudir a este municipio, procedentes de toda Galicia, do resto de España e de varios países europeos.

O torneo comeza ás 10 da mañá e van competir entre doce e dezaseis equipos masculinos senior e de catro e oito femininos. Os obxectivos do torneo están claros: difusión do rugby, a captación de novos xogadores para este deporte e achegalo ó maior espectro social posible.

E esta difusión empeza polos máis pequenos. Como novidade deste ano haberá un campus de actividades lúdico/deportivas para rapaces de entre seis e catorce anos, impartidas polos monitores da Escola Municipal de Rugby Mareantes.

Está prevista unha gran afluencia de público. Os datos que manexa Protección civil falan de 6.500 persoas gozando do rugby na Praia de Lourido.

Redacción Salnés