Excelente terceiro posto do Breogán no Cpto. de España

piraguismo250_110308.jpgGROVE > Esta fin de semana disputouse en Sevilla o Campionato Nacional de Inverno, no que o Club Breogán do Grove acadou a terceira posición. Non lle foron tan ben as cousas o As Torres de Catoira, que foi sexto.

{flowplayer}images/salnes/piraguismo_110308.flv{/flowplayer} 

O Breogán Outón Xunqueiriña completou unha excelente actuación no Campionato de España celebrado esta fin semana en augas do Río Guadalquivir, nas inmediacións da Illa da Cartuja. Os grovenses acadaron un meriotio e merecido terceiro posto despois de dominar con autoridade o C-1. A menor cantidade de padexeiros cos que acudiron á cita en relación a outros clubes impedíulles acadar unha clasificación incluso un pouquiño mellor.

Dos dezasete deportistas que viaxaron dende O Grove, 14 deles entraron en control, ademais de ser o club que máis medallas acadou, catro. O dominio foi aplastante no C-1; en categoría cadete se impuxo Adrián Dominguez e en senior tres padexeiros do Breogán coparon o podio: David Mascato, Fredi Bea e Tono Campos.

Sen dúbida Mascato e Bea están a chamar a porta dos Xogos Olímpicos, premio que merecen pero que aínda non se sabe se llo van conceder.

A decepción da competición correu a cargo das Torres de Catoira, que entraba entre os favoritos para meterse tamén entre os tres primeiros pero que só puido ser sexto. A victoria final, como se agardaba foi para o Kayak Tudense, mentres que o Zamora levouse a prata.

 A vindeira cita para os padexeiros, esta fin semana en Verducido onde terá lugar o control selectivo para acudir ós Campionatos de Europa.

Redacción Salnés