O Céltiga presenta a súa plantilla, con ilusión por ascender

plantilla_deportes_copiaceltiga.jpgA ILLA> O Céltiga  comeza a súa andadura cunha plantilla que irradia ilusión por retornar á Terceira División.  Rial, toma o mando dun equipo moi competitivo,  con 11 fichaxes. O día 26, comeza o traballo de pretemporada.

{flowplayer}images/salnes/PRESENTACION_CELTIGA.flv{/flowplayer}

A directiva que preside Manuel Martiñán, depositou a súa confianza no técnico José María Rial, encargado de devolver á afección de A Illa a ilusión dun equipo loitador, que ten o regreso a Terceira División no punto de mira.

 O club vermello e branco, incorporou a un total de once xogadores, todos eles con experiencia en Preferente, e que se suman ó bloque forte do ano pasado en Terceira. Con este plantel, o Céltiga preséntase, a priori, como un dos máximos favoritos en estar na pelexa polas primeiras prazas. Un dos fichaxes máis sorprendentes do club de A Illa foi Juanito, xogador procedente do Arosa, e ó que a Xunta Xestora daba por renovado na asemblea celebrada o pasado venres.

O adestrador do Céltiga mostrouse moi satisfeito coa plantilla confeccionada. A define como moi equilibrada en todas as liñas e que van ser un dos grandes rivais a bater. O equipo de AIlla é un dos conxuntos da categoría máis madrugadores á hora de pechar o plantel. Por elo, Rial cree que aínda é pronto para etiquetar ós principais aspirantes ó ascenso.

Pola súa parte, na directiva tamén recoñecen que o retorno á categoría nacional, está no punto de mira. Manuel Martiñán, sinala que máis que un obxectivo é unha ilusión para recuperar a alegría dos socios.

A Liga comezará o 29 de agosto. Durante todo o mes, o Céltiga afrontará un partido preparatorio cada fin de semana. O debut en pretemporada será o un de agosto ante o Deiro en Monte da Lomba. O día sete ante o Villalonga e o quince recibe a visita do Coruxo. A semana anterior ó comezo da liga, afrontará a Copa Deputación en Pontellas.

Redacción Salnés