A Pobra acollerá este sábado o Campionato Galego de Marcha en Pista

POBRA> A cita terá lugar no estadio municipal da Alta a partir das once menos cuarto da mañá e estará aberto a tódalas categorías.

Ó redor duns 120 atletas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia daranse cita este vindeiro sábado na Pobra para disputar o Campionato Galego de Marcha en Pista. Estará aberto a tódalas categorías.

Será unha das últimas citas para obter a marca mínima que dá a posibilidade de participar nos Campionatos de España.

Ese día desenvolverase tamén baixo a organización da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza un control de marcas en salto de lonxitude para as categorías sub10, sub 12 e sub 14, masculino e feminino, e de tripo salto para sub 14 e sub 16 mixto.

Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de probas e o feito de poder acollelas na localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí