A protectora conta cun grupo en Facebook para recadar fondos

    canceira_cambados copy.jpg CAMBADOS> A iniciativa xurdiu a raíz do roubo dunha máquina para cortar o pelo dos animais valorada en 400 euros.

    {flowplayer}images/salnes/CANCEIRA_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    “Un euro para o Refuxio de Animais de Cambados” é o nome do novo grupo de Facebook. A máquina roubada tiña un valor preto dos 500 euros, unha cantidade conseguida despois de tres anos de recadación. A pesares do escaso tempo que leva funcionando, a campaña xa conta con numerosos apoios.

    Pero as mostras de solidariedade non son unicamente económicas. Un veciño da zona cedeu ó refuxio a súa propia máquina, para evitar que os voluntarios teñan que cortar o pelo dos cans con tixeiras. Un traballo que no verán aumenta, debido á cantidade de animais que chegan nestes meses a un refuxio que, a día de hoxe, traballa por enriba das súas posibilidades.

    Ademais das axudas de todo tipo dos socios, o refuxio subsiste grazas ás subvencións dos organismos públicos. A pesares de que seguen contando co apoio do concello de Cambados, que cubre a alimentación dos cans, este ano a Xunta denegoulles a subvención. Unha aportación menos que se deixa notar máis nestes tempos, cando a crise aumenta o número de abandonos e diminúe as adopcións. Para aqueles que queiran adoptar, o proceso é moi sinxelo. Basta con achegarse ó refuxio co DNI e, unha vez alí, escoller ó can ou ser escollido por el.

    Redacción Salnés