Un estudio permitirá coñecer os danos no Castro de Baroña

ppactuacioncastro_100.jpgPORTO DO SON> Manuel Tomé anunciou o inicio inmenente dunha actuación de limpeza e un estudio topográfico no xacemento castrexo solicitada durante o seu mandato.

Este proxecto enmárcase dentro dun compromiso adquirido pola Secretaría Xeral de Turismo, Carmen Pardo cando os populares gobernaban na localidade.

Manuel Tomé, voceiro da agrupación local do PP en Porto do Son, non quere que o actual goberno municipal bipartito se apunte tantos a costa das xestións que el realizou mentras era alcalde da localidade. Por esto, aclarou que a actuación que nos vindeiros días se levará a cabo no Castro de Baroña é froito do traballo desenvolvido polo seu equipo de goberno.

{flowplayer}barbanza/ppactuacioncastro.flv{/flowplayer}

Pasos previos

A actuación, orzamentada en doce mil euros e financiada na súa totalidade pola Secretaría Xeral para o Turismo, consistirá nunha limpeza do contorno do xacemento en un proxecto de levantamento topográfico.

Este documento permitirá coñecer en profundide o estado actual do castro e determinar con exactitude as zonas nas que se deberá proceder a unha rehabilitación deste vestixio arqueolóxico.

Redacción Barbanza