PONTEVEDRA> Hoxe termina abril e, tras el, chega mañá a Pontevedra unha nova edición do Maio Mes da Lingua. Unha iniciativa da Concellería de Normalización Lingüística que promove o uso e a valoración do galego dun xeito lúdico e formativo.
Volve a festa do galego. O programa “Maio Mes da Lingua” chega a Pontevedra con máis actividades ca nunca.
Este ano o Concello conta cunha nova web: pontevedra.gal/mml. Con ela preténdese darlle maior dinamismo aos eventos programados.
O obxectivo desta iniciativa é, coma sempre, promover o uso e a valoración da lingua.
Un programa para todos os gustos que comeza mañá coa celebración da Festa dos Maios.
Comments are closed.