Pontevedra> Pouco despois da inauguración das festas o Pazo da Cultura acollía o encontro que cada ano celebran dende Amigos de Pontevedra. Un encontro no que homenaxean a persoas relevantes da Boa Vila entre as que neste ano estivo o noso compañeiro, o xornalista Eugenio Giráldez, a investigadora María del Carmen Martínez, a empresaria Virginia Pozo, a dimplomática Teresa Orjales e o presidente do Club Balonmano Cisne Santiago Picallo.
A Asociación Amigos de Pontevedra celebrou o pasado sábado o seu encontro no Pazo da Cultura, unha cita que suma xa 47 anos e que neste ano se premiou ao xornalista e compañeiro do Canal Rías Baixas, Eugenio Girález, ao que Xabier Fortes presentaba da seguinte maneira.
Eugenio quixo amosar o seu agradecemento por este recoñecemento dende a Asociación Amigos de Pontevedra
Outros dos galardoados nesta xornada foi o presidente do Club de Balnmán Cisne e a investigadora María del Carmen Martínez.
A empresaria e fundadora de Coosy tamén foi homenaxeada nesta xornada
E tamén a embaixadora de España en Estonia e diplomática Teresa Orjales
Un acto onde tamén se recoñeceu o traballo desenvolvido por dúas institucións: a empresa gráfica Anduriña e o colexio Sagrado Corazón de Os Praceres.