Centos de persoas disfrutaron do espectáculo piromusical nas festas de Boiro

BOIRO> Un espectáculo piromusical celebrado onte pola noite na praia de Barraña reuniu a centos de persoas.

O espectáculo, de case media hora de duración, combinou fogos e música, coas actuacións en directo, de varios grupos de baile locais como é o caso de Cen Plies, Xilbarbeira, Abeloura e Pedra da Aroña.

Nel combinouse ballet e tamén baile tradicional. Foi nunha plataforma que se instalou para a ocasión a pé de praia.

En definitiva, unha festa de son e cor, que deixou unha estampa para o recordo, grazas tamén á espectacularidade da noite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí