Lousame e Porto do Son entran na era dixital

apagonanaloxico.jpgLOUSAME> Galicia comezou o apagamento analóxico. Na primeira fase tivo lugar o acendido dixital da área de Santiago, onde se inclúe a comarca Muros-Noia.  

A meirande parte dos núcleos de poboación do concello de Lousame e parte dos de Porto do Son incorporáronse hoxe a Televisión Dixital Terrestre. A primeira hora desta mañá comezou o apagamento analóxico na área de Santiago. Nestes dous concellos da comarca de Muros-Noia, o sinal dixital acéndiase ó redor do mediodía no remisor de Graiade en Porto do Son e no de Aguieira en Lousame.

{flowplayer}barbanza/apagonanaloxico.flv{/flowplayer}

O alcalde deste municipio, Santiago Freire, que realizou un seguimento do acendido acompañado dos técnicos responsables desta zona, asegurou que a cobertura dixital estaba garantida nas parroquias l de Vilacoba, San Xusto e San Xoan de Lousame e na maior parte dos núcleos da parroquia de Tállara, alcanzando a máis do oitenta por cento da población.

Máis remisores

Malia todo, o alcalde recoñeceu que será necesario instalar dous remisores máis para dar cobertura as parroquias de Fruime e algúns núcleos de Tállara. Santiago Freire indicou que está previsto instalar outro equipo emisor na zona próxima a Cerquides e Albariza, no límite do concello de Noia, completando así a totalidade do territorio.

Asemade, explicou que o lugar de Portobravo recibe o sinal do emisor de San Lois, polo que terá cobertura análoxica ata o un de febreiro. Freire agradeceu a Xunta de Galicia a colaboración prestada para resolver os problemas de cobertura dun concello onde existen importantes dificultades orográficas para implatar a TDT.

Zonas de sombra

Con todo, admitiu o rexedor, quedaran zonas de sombra onde non chegará o sinal. Para estes casos, a Xunta de Galicia ten previsto utilizar ó satélite. A Secretaría Xeral de Medios pon a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para informar de incidencias ou realizar consultas e suxestións. Tamén no concello de Lousame se estableceu un punto informativo.

No tocante a Porto do Son, o apagón analóxico afectou as parroquias de Xuño, San Pedro de Muro e Queiruga. Mañá está previsto se apague este sinal no resto de municipios da comarca Muros-Noia, comezando cos concellos da Costa da Morte, que se irán incorporando a cobertura da TDT de xeito paulatino, ata o un de febreiro, momento no que se completará esta fase co acendido dixital en Noia.

Redacción Barbanza