MUROS> Nesta ocasión critican o feito de que se lles negue o acceso a varios informes para a adxudicación de obras, e a tres facturas de comidas da área de Urbanismo.
{flowplayer}barbanza/bngtransparenciamuros.flv{/flowplayer}
Non é a primeira vez que o BNG muradán critica esta actitude do actual equipo de goberno, para eles, pouco democrática. Dende este grupo sinalan que se lles está a vulnerar un dereito propio dos edís, negándolle o acceso a determinados informes, para poder seguir co seu labor fiscalizador da xestión municipal. Nesta ocasión trátase de tres facturas de comidas da área de Urbanismo presupostadas nuns 600 euros, así como tamén tres informes para a adxudicación de tres proxectos de obras. Culpan directamente á alcaldesa, Caridad González, desta situación.
Atrancos ó labor municipal
Dende a Alcaldía negouse tales acusacións, sinalando que o BNG o que pretende con este tipo de denuncias non é máis que poñer atrancos as accións realizadas dende o equipo de goberno.
A propia alcaldesa sinalou que existe unha total transparencia na actual xestión municipal, unha situación, segundo ela, ben diferente ó que acontecía durante a recente etapa do bipartito BNG-PP á fronte do concello, polo que a información solicitada non se lle negará ós nacionalistas, á que poderán ter acceso na vindeira sesión plenaria.
Redacción Barbanza