O PP provincial pedirá explicacións a Fomento pola decisión de ADIF

    fomento_pp_copia100.jpgPONTEVEDRA> ADIF decidiu eliminar o persoal de circulación da estación de tren de Vilagarcía. Ana Pastor, oponse a esta medida, que calificou de lamentable pola destrución de postos de traballo.

    {flowplayer}images/salnes/PP_FOMENTO.flv{/flowplayer}

    A deputada popular realizaba estas declaracións durante a rolda de prensa convocada para dar conta dos temas tratados na reunión de onte co Ministro de Fomento. Na xuntanza, José Blanco, anunciou a cancelación e reprogramación da construción de varias infraestruturas debido ó recurte nos orzamentos para facer fronte á crise.

    Unha delas é a autovía A-57 entre Pontevedra e O Confurco. Para a que sería a alternativa ó uso da autopista de peaxe, non quedaron establecidos novos prazos. Deste proxecto, unicamente se encargará este ano a circunvalación de Pontevedra, mentres que a prolongación ata Curro non conta cunha data de realización. Ana Pastor criticou esta situación, que calificou de falta de compromiso coa provincia.

    As obras do AVE mantéñense, aínda que o prazo de execución trasládase ata finais de 2015. Deste proxecto, José Blanco deu máis importancia á construción do tramo Santiago – A Coruña. A ampliación da ponte de Rande tamén figura entre as prioridades do Ministerio.

    Redacción Salnés