José López Rivas correrá o seu quinto Dakar Arxentina Chile

plantilla_deportes_copia250.jpgSANXENXO> José López Rivas, piloto e director da escudaría París Dakar, volveu subliñar que o equipo vai ser o único representante galego. Fernando Romay apadriña o Equipo Galego do Dakar Arxentina Chile 2011.

{flowplayer}images/salnes/EQUIPO_DAKAR.flv{/flowplayer}

Un ano máis, e van cinco, a escudaría París Dakar volverá percorrer as zonas máis inhóspitas de Arxentina e Chile, na modalidade de turismos. Tras unha boa actuación na edición pasada, a terceira en terras sudamericanas, José López Rivas volve subir ó seu Mitsubishi L 200, con moito orgullo e satisfacción por enfrontarse de novo a todas as dificultades desta cita.

Segundo explicou o piloto e director da escudaría, trátase dunha carreira contra un mesmo, na que o ser humano se resiste a tirala toalla. Asegura que vai afrontar o Dakar con moita ilusión e que conta cunha auténtica vocación para rematalo.

E esa ilusión non vai estar soa. A gran figura do deporte español, Fernando Romay, exerce como padriño do equipo galego. O ex baloncestista destacou a ilusión e o esforzo de José López Rivas como un exemplo para a xuventude.

Os que desexen coñecer máis sobre este equipo e a súa aventura no Dakar, poden visitar ata o domingo na Sala Nauta do Porto Deportivo de Sanxenxo, unha exposición de fotografías, así como desfrutar do Mitsubishi que participa na proba.

Redacción Salnés