A Policía Nacional desarticulou un punto negro de venda de droga

    puntonegrodroga.jpgRIBEIRA> A actuación, que deu como resultado a detención dun total de cinco persoas, desenvolveuse na urbanización Boavista, no barrio de Dean Pequeno.

    {flowplayer}barbanza/puntonegrodroga.flv{/flowplayer}

    As imaxes que están a ver corresponden con parte do material intervido nesta operación, tanto no momento da detención coa nun posterior rexistro realizado. Os axentes lograron incautar unha bolsa con heroína cun peso de cinco gramos e medio, así como tamén diversas doses xa dispostas para su venda, material co que segundo fontes policiais poderían chegar a facerse ó redor de 300 doses de dita substancia. Na intervención a Policía Nacional fíxose tamén con diversos efectos para a manipulación da droga, unha báscula de precisión, teléfonos móbiles, consolas de videoxogos, cámaras de fotos, diñeiro en efectivo e ata un vehículo.

    Laboriosa investigación

    Segundo informaron dende a comisaría ribeiresa a operación levouse a cabo despois dunha laboriosa investigación e vixilancia sobre a zona debido a que foi detectada no lugar unha presenza masiva de drogodependentes. A actuación dou como resutado a detención de cinco persoas todos veciños da localidade de idades comprendidas entre os 35 e os 40 anos. Catro deles son xa vellos coñecidos da policía ribeiresa, constándolle numerosos antecedentes anteriores.

    Redacción Barbanza