O Museo do Gravado expón ata finais de agosto a obra de Quintana Martelo

RIBEIRA> O Conselleiro de Cultura desprazouse ata o museo de Artes do Gravado en Ribeira para inaugurar a mostra ‘Arredor do debuxo’ de Manuel Quintana Martelo. A exposición recolle unha escolma da obra do autor dende que tiña dez anos.

O museo de artes do gravado expón ata o 31 de agosto a mostra ‘Arredor do debuxo’. Trátase dunha selección das obras de Manuel Quintana Martelo ó longo de toda a súa traxectoria. Entre as pezas que integran esta escolma destaca o primeiro debuxo realizado polo artista cando contaba con tan só dez anos.

Ademais de debuxos e bosquexos, tamén se inclúen creacións plásitcas entre as preto de 80 pezas desta mostra que ocupa as tres plantas do museo ribeirense.

O Conselleiro de Cultura destacou o papel de Quintana Martelo como referente para unha xeración enteira de artistas contribuíndo a renovar o imaxinario visual de Galicia combinando tradición e modernidade.