O BNG denuncia ocupación ilegal de terreos no proxecto fluvial do río Morto

    bngexpropiacionriomorto.jpgPOBRA> Os nacionalistas aseguran que a empresa adxudicataria invadiu unha parcela privada en Pontenaveira sen que houbese acordo de cesión ó concello de A Pobra.

    O BNG pobrés acusou ó goberno local de non dispoñer aínda dos terreos necesarios para executar este proxecto, cando os traballos hai días que se iniciaron. Malia que un veciño cedeu voluntariamente parte da súa parcela, explicou Rosana Pérez, outros non chegaron a un acordo co concello. Malia todo, a empresa adxudicataria entrou nunha destas propiedades, derrubando un muro para colocar varias estacas de medición. 

    {flowplayer}barbanza/bngexpropiacionriomorto.flv{/flowplayer}

    Rosana Pérez advertiu que o goberno municipal mesmo pode estar cometendo un delito, dado que os afectados poden denunciar por non ter sido convenientemente notificados.

    Pola súa banda, o alcalde, Isaac Maceiras asegurou que xa se chegou a acordos verbais cos afectados e agradeceu as facilidades dadas polos veciños. Maceiras considera que a intención do BNG é poñer trabas ós proxectos emprendidos polo goberno local, malia que sexan necesarios para o municipio.

    Redacción Barbanza