SEA e concello da Pobra estudan varias alternativas para dotar de máis chan industrial ó municipio

A POBRA> O concello da Pobra e SEA exploran novas vías para a ampliación de chan industrial do municipio. A xerente da sociedade estatal mantivo esta mañá unha xuntanza coa xunta directiva da entidade de Conservación do Polígono para estudar as alternativas de terreos dispoñibles.

O concello da Pobra ten entre as súas prioridades a dotación de chan industrial para satisfacer a demanda das empresas interesadas en ampliar as súas instalacións ou implantarse no municipio.

Con este fin estanse a barallar distintas alternativas, dende a ampliación da Tomada ata a creación dun novo polígono.

En calquera dos casos, é preciso contar cunha ampla bolsa de terreos dada a alta demanda de chan empresarial que existe.

A alternativa elixida deberán tamén cumprir unha serie de requisitos en materia de accesibilidade, conectividade e reserva de zonas verdes.