Cainor, primeira empresa en instalarse no Polígono Barro-Meis

    visita_poligono_copy100.jpgBARRO> Dedicarase á fabricación de moldes para a construción de naves industriais. As obras xa están en marcha e espera abrilas súas portas en decembro.  Varias autoridades políticas, visitaron o inicio destas obras.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_POLIGONO_BARRO_MEIS.flv{/flowplayer}

    A primeira empresa do Polígono de Barro Meis, CAINOR, xa comezou as obras para a construción das súas instalacións. Unha nave que esperará abrir as súas portas ó vindeiro mes de decembro. A propia representante da empresa CAINOR, Emma Medrano, confesou que se instalaron neste polígono polas infraestruturas e os accesos ó mesmo.

    Dado os múltiples accesos ó polígono de Barro-Meis, Louzá invitou ós empresarios a que se instalen nel. Un polígono no que ademais a Deputación está a traballar para levar a cabo actuacións para mellorar as comunicacións da zona.

    O Alcalde de Barro destacou a súa satisfacción polo inicio da actividade no polígono e confesou que xa están en trámite outras tres licencias.

    Ata o momento está vendido o corenta por cento das parcelas dispoñibles do Polígono. O espazo restante supoñen un total de cincuenta parcelas que aínda están á venta.

    Redacción Salnés