Meira e Amegrove loitan polo liderato no Teresa Herrera

SALNÉS> Se o mércores se disputaba o Campionato Galego, mañá e pasado celébrase na Coruña o Teresa Herrera, a proba máis prestixiosa do calendario autonómico. Este ano terá valor dobre a efectos de clasificación.

A liga fai a súa parada na Coruña esta fin de semana. A praia do Orzán acolle a IX Bandeira Teresa Herrera, a proba de maior renome de cantas se disputan en Galicia.

Este ano, ó contrario que noutras edicións, a regata do sábado terá valor para a liga, ó igual que a do domingo. Ambas puntuarán como calquera outra proba do calendario. Iso sí, a bandeira entregarase á embarcación que menos tempo empregue á hora de completar as dúas regatas.

A competición chega nun momento interesantísimo. Amegrove, líder con 142 puntos, quere abrir oco coa súa grande rival polo título, a traíña de Meira, que suma 140. Os de José Ángel Cambados chegan repletos de moral, despois de acadar o seu pase ó Campionato de España deixando fóra precisamente ós moañeses.

Por detrás, Chapela e Náutico-Muros continuarán a loitar pola terceira posición da xeral. Cabo da Cruz, quinto na táboa, chega tamén nun bo momento logo de quedarse a dous segundos de Amegrove na Campionato Galego.

Algo semellante sucédelle a Mecos, que recuperou boas sensacións o mércores. Os grovenses acuden á cita como defensores da bandeira de 2009.

Máis abaixo, Vilaxoán tentará continuar co seu ritmo e regularidade para evitar que Perillo lle quite a séptima praza da xeral. Os oleirenses actúan case como locais, e cóntase que estén entre os mellores neste Teresa Herrera.

Redacción Salnés