Ata 300 regatistas participarán no 16 Trofeo Hotel Carlos I Silgar

SANXENXO>

A partir do próximo venres, Sanxenxo recibirá a máis de 300 regatistas que participarán no xa tradicional Trofeo Hotel Carlos I Silgar e vixésimo oitava Regata Ruta das Illas. A edición deste ano volverá a ser Campionato Galego de Cruceiros ORC, e dela sairá o Campión Galego Absoluto de 2015.

 

 

A finais da próxima semana o Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo comezará a encherse de veleiros preparados para tomar parte na décimo sexta edición dunha das regatas xa tradicionais do verán sanxenxino: o Trofeo Hotel Carlos I Silgar, 28 Regata Ruta das Illas. Calcúlase que unha trintena de embarcacións con máis de 300 deportistas tomen parte este ano na proba, que será á vez Campionato Galego de Cruceiros ORC.

 

O comité de regatas distingue 5 divisións segundo o tamaño e capacidade vélica de cada embarcación: Grupos ORC do 1 ó 4 e o Open, veleiros que non compiten nos anteriores grupos. As regatas desenvolveranse entre o venres e o domingo, quedando o percorrido de navegación aínda por decidir. A organización ten deseñados ata 16 rutas posibles, que se decidirán o mesmo día das probas en función do estado da mar e a intensidade do vento. O prazo para participar na competición continuará aberto ata o próximo venres á mañá. Da cita sairá o Campión Galego Absoluto de 2015, aínda que tamén se farán clasificacións por cada clase. A entrega de premios será o domingo ás seis da tarde na Praza dos Barcos.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/31/CARLOSSILGARREGATA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/31/TROFEO_CARLOS_SILGAR_SANXENXO.mp4{/flowplayer}