A Basket Cup teme que a folga de Aena lles perxudique

VILAGARCÍA> O Comité Organizador da Vilagarcía Basket Cup ven de comunicar a súa preocupación polo anuncio de folga dos traballadores de Aena para Semana Santa. Se finalmente se leva a cabo, esta circunstancias afectarán de cheo ós desprazamento das catro expedicións que acuden á cita do 21 ó 23 de abril.

O Comité Organizador da Vilagarcía Basket Cup está seriamente preocupado co anuncio de folga dos traballadores de Aena para Semana Santa. As catro seleccións nacionais que acudirán ata Vilagarcía (Francia, España, Italia e Alemania) farán o seu desprazamento vía aérea nas mesmas datas anunciadas para ese paro laboral.

Por iso a organización xa se puxo en contacto coa Federación Española solicitando que tódolos equipos coñezan esta circunstancia e evitar posibles agobios de última hora. Tamén se recomendou ós participantes que leven unha mochila de man con zapatillas de xogo e equipacións por posibles problemas nos aeroportos nacionais.

No que respecta á Future Stars finalmente serán 38 os equipos participantes na segunda edición desta competición. Neste torneo para categorías infantil, cadete e junior tanto masculino como femenino estarán representados Portugal, Galicia, Castela-León, Asturias, Cantabria e a Comunidade de Madrid. Entre todos estes equipos haberá varios representantes do Salnés como o Meco de O Grove, o Liceo Casino Vilagarcía, BBC Vilagarcía e o CB O Grove.

A organización tamén deu a coñecer xa a data da presentación oficial do evento. Como sempre será a Adega Martín Códax, en Cambados, a que acolla o acto que terá lugar o xoves 7 de abril ás 12:30 horas. Como é tradición, o nome do padriño do torneo non se coñecerá ata ese día.

Redacción Salnés