Semana clave para o Extrugasa de cara á súa permanencia na LF

baloncesto250_040209.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa está a traballar duro esta semana a sabendas de que a salvación este ano pasa por gañar os dous encontros que xogarán na casa de xeito consecutivo. O mércores que ven disputan o partido adiado ante o Gran Canaria. Antes, este sábado, chega o Mann Filter, outro equipo que está loitando por manter a categoría.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_040208.flv{/flowplayer} 

Agora sí que non hai marcha atrás. O Extrugasa afronta en cinco días os dous partidos máis importantes da temporada, os que marcarán o futuro do equipo. Quedan doce encontros e a salvación márcase habitualmente en oito victorias, polo que terían que gañar a metade para acadar o obxectivo, seis, os da casa.

Dous dos rivais máis propicios para sumar eses triunfos son os que visitan estes días Fontecarmoa. O Gran Canaria, o mércores 11, e este sábado o Man Filter Zaragoza. As xogadoras do Extrugasa saben que noutras circunstancias, sen a soga do descenso prácticamente no pescozo, este sería un choque bastante asequible. Toca demostralo na cancha.

Esta semana está ser de traballo intenso para intentar chegar na mellor forma posible ó sábado. Unha semana na que Sara Gómez pasou a ser a nova capitana do equipo, en detrimento de Miriam. Asumirá maiores responsabilidades ó igual que as súas compañeiras Tuukannen e Iziane Castro, que están a xogar por debaixo do nivel agardado nestas primeiras semanas e ás que se lles vai exixir un maior rendemento nestes encontros vitais.

Tito Díaz afirma que tanto o plantel como el están xa máis a gusto e que a adaptación de xogadoras a adestrador e viceversa, é prácticamente total.

Todo iso será necesario para sumar unha victoria, necesaria para as xogadoras e para unha afección ansiosa de ver ó seu equipo gañar na casa.

Redacción Salnés