Fefiñáns volve vibrar ó son de Pastora Soler, Ubago, Erentxun e M3

    pastora_soler copy.jpg CAMBADOS> A XIII Gala do Albariño arrincaba coa entrega dos Premios nos eidos empresarial, social, cultural, deportivo e de xornalismo.

    {flowplayer}images/salnes/GALA_ALBARINO_informativo.flv{/flowplayer}
     
    As Asociación BATA e Por Dereito, foron as primeiras en subir ó escenario da décimo terceira gala do albariño para recoller o premio conxunto no eido da acción social. Recoñécese así o seu traballo no tratamento do autismo, no caso de Bata, e de apoio a persoas con discapacidade psíquica. Seguiulle o cienasta Juan Galiñanes, distinguido na categoría de cultura, nomeado en varias ocasións ós premios Mestre Mateo e incluso os Goya. Na actualidade traballa no filme de animación en •3D Holly Night, que se estreará en Nadal.
     
    O alcalde de Cambados, Luís Aragunde foi o encargado de entregar o galardón no eido empresarial a confecciones Trivi, unha empresa cambadesa que elabora roupa de traballo desde finais dos anos cincuenta. Pero foi Araceli Bugallo, monitora nacional de esgrima, a que arrincou algúns dos maiores aplausos ó recoller a distinción do albariño no deporte, xunto co xornalista, tamén deportivo, Terio Carrera: premio na categoría de comunicación social.
     
    A entrega dos premios dou paso á velada musical. Un tras outro foron desfilando polo escenario grupos sonados a nivel galego, como M3, e estrelas do panorama nacional: da altura de Pastora Soler, Mikel Erentxun e Alex Ubago.
     
    Redacción Salnés