Os equipos do Salnés están inmersos nos partidos de pretempada

plantilla_deportesribadumia.jpgSALNÉS> As plantillas aínda non están totalmente perfiladas, pero o balón xa votou a rodar para poñer a punto ós xogadores e retocar posicións no campo. O que sí están transmitindo, é ilusión ós afeccionados.

{flowplayer}images/salnes/PRETEMPADA.flv{/flowplayer}

O Portonovo, gañou, un ano máis, o Trofeo Pomarco ó derrotar no campo de A Senra ó Ribadumia por un 2 a 3. Unha excelente primeira parte demostrou que os de Ricardo Fernández continúan en línea ascendente. O Portonovo realizou un partido de alto nivel, especialmente, na primeira metade, no que pouco puido facer o Ribadumia. Jorgue Segura, Fran Castaño e Nel, marcaron para os de Portonovo. Tralo descanso o Ribadumia espertou e recortou distancias con goles de Roberto e Álex. Ambos equipos demostraron que aínda están lonxe do seu mellor estado de forma, pero deixaron detalles esperanzadores para os seus afeccionados.

O Vilalonga, tamén ofreceu unha grata impresión ante o Montañeros, pese a non contar con Tachi, Jacinto e Nelo, Os de Gabi Leis, caeron derrotados por 1-2, aínda que o resultado era o de menos. Os de Coruña demostraron ter un maior ritmo de competición, non vano levan máis sesións de adestramento. Gabi Leis mostrouse moi satisfeito co resultado, e engadiu que o que agora busca é carga de traballo.

Pola súa parte, O Céltiga superou con claridade ó Deito, no seu partido de pretempada. Os goles dos de A Illa, foronobra de Fiti e Juanito. O técnico José María Rial repartiu minutos entre toda a súa plantilla, excepto a Ero, que estaba lesionado.

O Arosa, caeu derrotado onte no seu segundo partido de preparación ante un Boiro que se mostrou moi superior. O maior empaque e experiencia dos futbolistas boirenses, foi decisivo para o devenir do coche, sumado os graves erros da defensa do Arosa.

O Sanxenxo debutou onte co duelo que lle mediu ante o Alondras, de Terceira División. Os locais realizaron un excelente encontro, tanto foi así que o Alondras só puido impoñer a súa teórica superioridade no tramo final do encontro.

Redacción Salnés