Os ferrolanos foron os vencedores no Camionato Galego de Dardos electrónicos de O Grove

O Grove foi a sede dos dardos esta fin de semana. Máis de 900 participantes de toda España déronse cita na vila meca para competir no campionato Galego de dardos electrónico composto por probas puntuables para o campionato de España. Os lanzadores de Ferrol foron os dominadores claros deste torneo.

Durante todala fin de semana máis de 900 xogadores de dardos competiron para acadar os primeiros postos nas probas puntuables para o campionato de España. O venres dábase o pistoletazo de saída o torneo co concurso de parellas cegas. As tres primeiras clasificadas foron as de Francisco Carballo e Fernando Bouza de Ferrol, Antonio Perís de Madrid e Elena Ramos de Ferrol e Manuel Bouza acompañado por Marta Iraola de San Sebastián. O sábado e o domingo celebraronse a competición das modalidade de criquet de segunda categoría. A proba foi gañada por un coruñes Miguel Martin. Na competición de criquet por parellas dos niveis 1, 2, e 3 ; os gañadores foron  Julio Barbero e Pedro Martínez, Jose Carlos López e Cristobal Casal e Miguel Martin xunto con Francisco Carballo. A ultima xornada celebrouse onte coa competición Pró Master 501 na categoría feminina e masculina. Os vencedores foron os madrileños David Ruiz e Yolanda Barba.

 

Redacción Salnés