O Cambados ficha ó gardameta ‘Gabi’ .O Beiramar será o filial

plantilla_deportescambados.jpgCAMBADOS>  Amplía a súa plantilla para a próxima tempada. Confirmoua fichaxe do gardameta vigués Gabi,  do Celanova e ex do Vilalonga. O Beiramar será o filial do Xuventude pero funcionarán de forma independente.

{flowplayer}images/salnes/FICHAXE_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

O Xuventude de Cambados deixou, practicamente pechada, para a tempada 2010-2011, unha vez confirmada a incorporación do porteiro vigués Gabriel Esperón, Gabi. O gardameta, ten 24 anos, pero ten bastante experiencia posto que xa militou varias campañas en Terceira División co Coruxo e co propio Vilalonga. Aquí non atopou os minutos desexados, e por elo optou por baixar unha categoría recalando no Celanova. Agora chega a Cambados para apuntalar un posto no que só había un xogador, o xoven Rubén.

Dende a Directiva sinalan que é probable a chegada dun defensa central. A maioría dos xogadores continúan do ano pasado e se incorporaron varios canteranos. En canto fichaxes, nutriuse do lateral dereito Óscar García do Arosa, Nico do Pontevedra e o dianteiro Camilo Vila do Celanova.

Tras pasar as festas do Albariño, o Cambados comeza a disputar os partidos da pretempada. O primeiro será mañá nun encontro oficial contra o Gran Peña ás19.30 no campo do Burgáns. A primeira eliminatoria da Copa Deputación de Pontevedra. A directiva advirte que os socios da tempada anterior poden entrar gratis ó campo.

Por outra banda,  o Cambados ten un novo equipo filial. As directivas do Xuventude e do Beiramar, chegaron a un acordo pola cal, o equipo de Castrelo se converte no filial unha vez que desapareza o Cambados B, aínda que ambos continuarán funcionando de forma independente.

Redacción Salnés