A Rías Baixas Martín Códax terá 120 barcos na liña de saída

regata_rias_baixas250.jpgVIGO> ‘A Rías Baixas Martín Códax mantén o tipo a pesar da crise e terá 120 barcos na liña de saída’. Así de orgullosos se pronunciaron os seus organizadores e patrocinadores durante a presentación da regata, celebrada esta mañá no Náutico de Vigo

{flowplayer}images/salnes/regata_rias_baixas.flv{/flowplayer}

VIGO> A regata Rías Baixas Martín Códax xa ten 120 barcos inscritos, cuns 1.200 tripulantes a bordo, de practicamente toda España, sobre todo de Cantabria e Galicia, e tamén de Portugal.

A organización afirma que a crise non puido coa fortaleza da decana das regatas por etapas de España e incluso están dispostos en convertela na máis importante do calendario español, por diante da Copa do Rei e da Copa da Raíña.

Estará presente o gañador do pasado ano, o Castrosúa, de Guillermo Alonso, e o Pairo oitavo, de José Luís Freire, vencedor absoluto en 2007. Están confirmados xigantes da flota dos regata como o Bizkaia Maitena de Mikel Emaldi e outros dos importantes que virán son o Ourense de Luís Pérez e o Phoenix de Ricardo Peña.

A regata está aberta só a cruceiros ORC e desenvolverase en cinco etapas, desde o 14 ó 18 deste mes. Sairá o vindeiro venres de Vigo cara O Grove, porto que volve a ser sede despois de 25 anos ausente na Rías Baixas. Os barcos teñen instrucións de entrar polo norte da ría para virar a 90 graos e chegar con seguridade ó porto meco. Na segunda etapa, que vai do Grove á Pobra, haberá dúas opcións de percorrido. A regata Rías Baixas tamén pasará nesta 46 edición por Sanxenxo e rematará en Vigo o martes 18, onde se entregarán os premios.

A Rías Baixas está organizada polo Real Club Náutico de Vigo e Triente e o Gran Premio está patrocinado pola adega Martín Códax, de Cambados, que pretende seguir apostando por esta regata, a pesar da crise.

Redacción Salnés