O torneo de Santa Rita pon o peche a unha edición de record

tenis250_010610.jpgVILAGARCÍA> Rematou o torneo de Santa Rita de tenis, que organizou o Club O Rial de Vilagarcía durante todo o mes de maio. Ó final a gran protagonista foi Paula Arias. A xogadora lucense impúxose en dúas categorías: en alevín e no infantil.

As pìstas do Rial foron escenario esta fin de semana das roldas finais do torneo de Santa Rita de tenis. Despois dun mes de competición, o sábado celebráronse as últimas eliminatorias, correspondentes ós cuartos de final e as semifinais. Para o domingo quedaron os encontros que decidiron os campións nesta 22ª edición do torneo.

A gran protagonista foi a lucense Paula Arias. Unha xogadora en idade alevín que atreveuse a disputar o campionato na súa categoría e na inmediatamente superior, a infantil. E en ambas saíu triunfadora. Irene Seoane e Carmen Blasco foron as súas últimas víctimas, nas finais. Demostrou co seu gran potencial estar preparada para eventos de de primeira liña.

Na categoría cadete o título foi para Sara Andrade que superou no partido decisivo a Natalia García.

Mentres, en categoría masculina,  Eladio Fábregas levouse o triunfo nos alevíns tras superar con solvencia o seu encontro fronte a Iago Salvador. Luis Murillo resultou vencedor nos infantís despois de vencer na final a Adrián Maza, mentres que Pedro Ecenarro conquistou o título nos cadetes ó impoñerse a Gonzalo García nun dos encontros máis bonitos e igualados de todo o torneo.

Esta edición quedará no recordo como unha das máis disputadas, na que se alcanzou o record de participación. Máis de 300 tenistas pasaron polas pistas do Rial durante o mes de maio.

Redacción Salnés