Na segunda quincena de xullo se perderon máis de 30 nenos

    socorristas_copy100.jpgO GROVE> Sucedeu nos areais con bandeira azul. É o balance do servicio de salvamento do Concello. Estes confesan que a gran afluencia de xente, xunto ós despistes dos propios pais ou dos cativos son as causas máis habituais.

    {flowplayer}images/salnes/INCIDENCIAS_PRAIAS.flv{/flowplayer} 1

    520 actuacións foi o balance do servicio de Protección Civil e Emerxencias durante o mes de xullo nos seis areais con bandeira azul do concello do Grove. O dato máis destacado foi que durante a segunda quincena rexistráronse 30 casos de nenos que se perderon nas praias do municipio, na súa maioría na da Lanzada.

    Para evitar este tipo de incidencias 25 socorristas velan cada día pola seguridade dos bañistas que se desprazan ata os areais grovenses. Os propios usuarios da praia da Lanzada confesan que se senten máis seguros cos seus fillos ó saber que hai un posto de salvamento na praia.

    E para que os propios cativos tamén saiban o que teñen que facer en caso dalgunha emerxencia o concello desenrola por terceiro ano consecutivo o programa Golfiño Socorrista nun intento por vincular o servicio de salvamento ós nenos.

    Picaduras de fanecas, queimaduras ou feridas seguen sendo habituais na lista de emerxencias. A pesares das cifras, o presidente de Protección Civil asegura que o número de incidencias é menor con respecto a outros anos.

    Redacción Salnés