A maleza que invade o paseo de Cabío aumenta o risco de incendio

    maleza.jpgPOBRA> Veciños e usuarios do cámping veñen de denunciar a falta de mantemento no paseo que conecta a praia de Cabío co campo de fútbol.

    {flowplayer}barbanza/malezapaseocabio.flv{/flowplayer}

    A senda peonil da Pedra da Moura percorre o litoral da Pobra por enclaves de singular beleza. Destacan precisamente as súas calas virxes rodeadas de monte cuxa maleza está a invadir parte do paseo.

    Risco de incendios

    Para impedir que o crecemento da vexetación acabe por afear a paisaxe e evitar posibles desgracias derivadas do risco de incendios, moitos veciños e visitantes xa teñen solicitado ó concello que proceda á limpeza do seu contorno.

    Precisamente a xerencia do cámping xa ten notificado en reiteradas ocasións ós servizos municipais a necesidade de manter en axeitadas condicións o paseo e limpar a maleza co fin de evitar unha desgracia.

    Moción dos socialistas

    Desta situación tamén se fixo eco o grupo socialista da Pobra quen lembra ó concello que ademais de facer obras é preciso mantelas.

    Malia que boa parte dos usuarios desta senda destacan a necesidade de acometer tarefas de desbroce, todos coinciden no atractivo turístico que supón este tipo de paseos a carón do mar.

    De aí que o concello teña intención de crear novos paseos para conectar todo o bordo litoral do municipio. Proxecto ben acollido polos seus veciños e grupos da oposición sempre e cando non aconteza como en Cabío e se garanta o seu mantemento en perfecto estado.

    Redacción Barbanza