Os prezos compensan a escaseza de ameixa na apertura de campaña en Ribeira

RIBEIRA> A campaña da ameixa en Ribeira comezou esta semana condicionada pola escaseza de recurso. A confraría decidiu abrir tódalas autorizacións, sen reservar ningún banco para o Nadal, dada a dificultade para atopar marisco.

A maior parte dos mariscadores que iniciaron a campaña en Ribeira tiveron que investir toda a mañá para conseguir os topes. Aqueles que se moveron dun banco a outro, entre Coroso, a Insua e o Touro, fixéronse non sen esforzo cos dez quilos de ameixa babosa que establece o tope.

O esforzo pagou a pena posto que a cotización acadou record histórico superando o kilo os sesenta e nove euros.

Os altos prezos compensan a escaseza de marisco nunha campaña que se presenta incerta. De aquí ó Nadal, cando se experimenta unha maior demanda, as expectativas dos profesionais non son demasiado optimistas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí