RIBEIRA> O accidente tiña lugar esta mañá na estrada que conecta Ribeira con Porto do Son. Ó parecer, un Seat Ibiza que circulaba cara a capital barbanzá saíuse do carril e impactou frontalmente contra un monovolume.
{flowplayer}barbanza/accidenteoleiros.flv{/flowplayer}
O accidente produciase pasadas as sete da mañá neste treito da estrada AC-550 da parroquia de Oleiros. Ó parecer, o conductor do Seat Ibiza que circulaba en dirección a Ribeira perdeu o control do vehículo nesta curva tan pronunciada e chocou contra o turismo que circulaba en dirección a Porto do Son.
Incialmente, os catro ocupantes do Seat Ibiza, dous deles menores, e a condutora do Xsara Picasso foron evacuados ó hospital do Barbanza. Tras unha primeira valoración, solicitouse un helicóptero para trasladar ó ferido máis grave, un mozo de 22 anos con iniciais J.M.F., ó Hospital Clínico de Santiago. Presentaba traumatismo craneoencefálico, contusión hepática e fracturas nos antebrazos e no femur. O seu estado é crítico. Outros dous feridos tamén tiveron que ser trasladados ó Clínico en ambulancia; un deles é menor polo que non se facilitan datos sobre o seu estado; o outro A.T.P., de 18 anos presenta diversas fracturas pero evoluciona favoirablemente. No hospital do Barbanza foron atendidos os feridos de menor consideración: un ocupante do Seat Ibiza que é menor e a condutora do outro turismo, M.E.R.V. de 37 anos, que viaxaba soa. O estado en que quedou un dos vehículos implicados da idea da brutalidade do impacto.
Redacción Barbanza